top of page

Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo. 
Rodar a golpe de timbre , non é doado, así que tivemos que rodar fóra de horario escolar e supervisar o material traballado  na aula e ordenalo en cartafoles para a posterior edición .

Aprenderon a  manexar os equipos de rexistro visual, cámaras de fotografía, vídeo, son e a planificar a rodaxe , cos  medios que temos turnáronse para saír a rodar , o ben común e do equipo é sempre prioritario .

Traballaron por grupos e asumiron o papel de director, cámaras, son,  buscaron actores o vestiario e os escenarios. Eles foron os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto .

Crearon un BLOGUE coas impresións da rodaxe , a modo de diario de BITÁCORAS

bottom of page