top of page

O alumnado aprende en distintos momentos do 2º trimestre a realizar un guión  ca  supervisión do departamento de lingua ,  pero só  se realizaron  6 curtas. Todos e todas expoñen o seu guión en sesións  de pitching para decidir os proxectos ,  trátase dunha tendencia na comunicación e produción audiovisual, onde os guionistas compiten por captar a atención de produtores mediante a exposición  directa das súas ideas  coa potencia e claridade das súas propostas. 

Planificaron mediante o storyboard, desenvolveron destrezas onde foi necesaria unha competencia na comunicación audiovisual, analizaron e reflexionaron sobre as mensaxes audiovisuais , coñecen os seus códigos e o final do trimestre xa son  capaces de utilizalos para comunicar.

A montaxe  é moi importante na construción  dunha historia .  Combinando o mesmo rostro con distintas fotos ao montalo con outras imaxes diferentes adquire novos significados,  o realmente importante, non é o contido dos planos, senón a maneira de combinalos, os meus alumnos e alumnas , tiveron que planificar , investigar , experimentar e finalmente explicaron nun vídeo (en apenas tres sesións) en que consiste o efecto Kuleshov.

Crearon un banco de sons con máis de 50 tracks  para utilizalos nos seus proxectos audiovisuais , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das  curtas. https://soundcloud.com/eduplastica-luzbeloso

bottom of page