top of page

Nós traballamos a ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL desde a Educación Plástica, levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto análise e difusión da linguaxe como realizando  produtos audiovisuais propios, non só son contidos propios  da nosa  materia, ademais creo que é a mellor forma de integrar o cine na aula, desde a propia experiencia e do APRENDER FACENDO .

Cando o teu alumnado coñece os códigos da linguaxe audiovisual, elabora o seu propio guión, o story board ,  filma , edita , crea os créditos , en definitiva;  poñen en práctica todo os coñecementos necesarios para realizar  os seus propios proxectos , valora  o CINE con auténtico espírito crítico desde a propia experiencia .

O audiovisual é   UNHA NECESIDADE EDUCATIVA DO SÉCULO XXI, e o noso alumnado é consumidor de produtos audiovisuais , vive nun mundo dominado pola imaxe.

Creo firmemente que o recurso audiovisual reúne moitas condicións que o fan motivador, creativo, dinámico, actual e comunicativo..

bottom of page