Nós traballamos a ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL desde a Educación Plástica, levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto análise e difusión da linguaxe como realizando produtos audiovisuais propios, non só son contidos propios da nosa materia, ademais creo que é a mellor forma de integrar o cine na aula, desde a propia experiencia e do APRENDER FACENDO .
Cando o teu alumnado coñece os códigos da linguaxe audiovisual, elabora o seu propio guión, o story board , filma , edita , crea os créditos , en definitiva; poñen en práctica todo os coñecementos necesarios para realizar os seus propios proxectos , valora o CINE con auténtico espírito crítico desde a propia experiencia .
O audiovisual é UNHA NECESIDADE EDUCATIVA DO SÉCULO XXI, e o noso alumnado é consumidor de produtos audiovisuais , vive nun mundo dominado pola imaxe.
Creo firmemente que o recurso audiovisual reúne moitas condicións que o fan motivador, creativo, dinámico, actual e comunicativo..