top of page

Esta  actividade xorde da licenza por formación realizada xunto ao meu compañeiro de educación plástica Juan Sicilia Barci .

A proposta didáctica  é unha campaña para loitar contra a VIOLENCIA DE XÉNERO,

na que partimos da coñecida imaxe “O iceberg da violencia de xénero “ de AMNISTÍA INTERNACIONAL , onde aparece reflectida a violencia visible e a invisible .  E detectamos as actitudes MACHISTAS na  parella,  normalmente sutís e disfrazados de probas de amor.

Despois dun debate e contrastar opinións , decidimos repartirnos o traballo: un grupo realiza o mural sobre a violencia de xénero visible e invisible, e o outro grupo de 3º decide alertar ás súas compañeiras para que estean atentas aos sinais machistas.

 Previa elaboración dos textos e ilustracións realízanse  as  animacións  que se conectarán   ca maxia  da aplicación AURASMA.  As animacións asociadas ás imaxes son vídeos de 15  segundos que están dramatizados con frases e a voz do alumnado  .

 Compartiremos as nosas auras no gran muro virtual que son as redes sociais, co hashtag #expoBARXASviolenciadeXénero.

Por último realizaremos unha exposición que estará dúas semanas no hall do IES As Barxas desde o 8 de marzo do 2017. Trátase dunha exposición con todos os requisitos, despois de traballar en Educación Plástica nos cursos de 3º ESO A e C a produción  e proxecto artístico: con ilustracións, animacións, textos e dramatización, creación do mural e  da Realidade Aumentada a exposición vai ser comisariada por M José Soto e o seu alumnado de Economía.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AUGMENTED REALITY  unidad1

AUGMENTED REALITY  unidad2

AUGMENTED REALITY  unidad3

AUGMENTED REALITY  unidad4

Profesora : Luz Beloso

 

bottom of page