“EUCRÉOTE“ Arte contra as violencias machistas.
Trátase dunha mostra artística do alumnado de Debuxo de 1º e 2 de Bacharelato do IES as Barxas na que realizaron instalacións artísticas, ilustración e pintura partindo de haikus, poemas e outros textos que xenerosamente nos cederon para traballar grandes das nosas letras como:
Miguel Ángel Alonso Diz, Tamara Andrés, Isabel Blanco, Ana Cabaleiro, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Iria Collazo, Ledicia Costas, Luís Chapela Bermúdez, Marta Dacosta Alonso, Suso Díaz, Xabier Estévez, Míriam Ferradáns, Antonio García Teijeiro, Xosé Manuel González - Oli, Anna R. Figueiredo, Toño Núñez, Emma Pedreira, Diego Seixo, Helena Villar Janeiro e X. M. Xespi.
Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, e son traballos realizados con materiais de reciclaxe na súa maioría. É unha exposición na que imaxe e palabra se unen para loitar contra as violencias machistas.
Esta mostra forma participa nunha campaña co mesmo fin proposta polo concello de Moaña á que nós nos unimos: #de25a25
O proxecto estivo exposto no hall do noso instituto durante todo o mes de maio, unha exposición aberta ao pobo de Moaña , con visita guiada , na que as alumnas e alumnos de Debuxo Artístico explicaron a súa obra en diferentes ocasións , contamos coa visita dalgúns autores e autoras e DOA de Cangas .
Neste proxecto colaborou o departamento de Galego con Iria Collazo que nos axudou na convocatoria , ademais de participar coa súa obra . O departamento de economía con M José Soto xunto co seu alumnado coa preparación de petiscos para o día da inauguración , agradecer tamén o apoio da dirección , a Paloma e a Pepa polo seu café e a Henrique , o noso conserxe , sen o cal sería imposible colocar algunhas das instalacións , dado o tamaño e a súa dificultade .
Profesora coordinadora: Luz Beloso
IES AS BARXAS
FONTE DO UNICORNIO 2
MOAÑA (PONTEVEDRA)
36950
886120503 (conserxería)
AUTORES/AS e ALUMNAS / OS
XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ- Raquel Paredes, Aitana Rodríguez, Maialen Riobó (1BAC)
IRIA COLLAZO- Lucía Santomé (1BAC)
MIRIAN FERRADÁNS- Nerea de Castro , María Puentes (2BAC)
ANNA R. FIGUEIREDO- Elena Fernández, Uxía Riobó (2BAC)
DIEGO SEIXO- Ana Paredes, Lucía Parcero (2BAC)
ANA CABALEIRO- Mario Santomé, Marcos Santiago (2BAC)
TAMARA ANDRÉS- Noa Táboas (2BAC)
TOÑO NÚÑEZ-
Zulema Sampedro, Romina Anzalone (1BAC)
Antía Fervenza, Sara del Río (1BAC)
Andrea Currás, Aixa Chapela (1BAC)
FRANCISCO CASTRO- Claudia Rivas, Atenea Portela (1BAC)
ISABEL BLANCO- Manuel Escudeiro, Andrea Vilariño (1BAC)
HELENA VILLAR JANEIRO- Almudena López, Carla Otero (1BAC)
MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ-Elena Fernández, Uxía Riobó .
Ana Paredes, Lucía Parcero, Marta , (2 BAC)
EMMA PEDREIRA- Marcos Rodríguez, Adrián Piñeiro (2BAC)
LUIS CHAPELA BERMÚDEZ- Óscar Pena (2BAC)
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO- Raquel Paredes, Maialen Riobó, Aitana Rodríguez (1BAC)
YOLANDA CASTAÑO- Isabel Cascante (2BAC)
SUSO DÍAZ- Pedro López, Antón Santos (2BAC)
XABIER ESTÉVEZ- María González, Mónica Fernández, Laura Salgueiro (1BAC)
X.M.XESPI- Alba Rodríguez (2BAC)
MARTA DACOSTA ALONSO- Daniel Verdeal, Hugo Martínez (2BAC)
YOLANDA CASTAÑO- Miguel Chantada, Alejandro Leite (1BAC)
LEDICIA COSTAS- Marta Fernández, Marola Riobó (2BAC)