top of page
88945638_2975842895815914_42220122986103

PROXECTO

Esta é a historia dun proxecto  audiovisual  que cambiou de rumbo por culpa dunha pandemia.

OSOliño FILMS nace  no curso 2019-2020,  como proxecto educativo desenvolvido na materia de Cultura Audiovisual.

A nosa mirada estaba posta nun festival audiovisual presencial,  e a data na que se ía a celebrar era o 20 de maio  no Auditorio de Cangas do 2020,  contabamos coa participación doutros institutos da península do Morrazo como o IES as Barxas ou o Paralaia ,  e ca colaboración de distintos departamentos, destacando a participación do departamento de Música co profesor Xulio Abal e  o departamento de lingua Galega  e lingua Castelá con Rebeca Lemat e Alba Sierra .

 

O proxecto que se viu truncado en plena rodaxe das nosas curtas ,  xiraba  ao redor dunha única mensaxe ,  loitar contra o monstro da intolerancia.

 

Este era o noso vídeo presentación.

 

 

 

 

 

Creado no primeiro trimestre  polo equipo de animación ,  foi  finalista no Concurso Ciberespect  do 2019 e selección oficial do  2º FICIJ CACHINUS DE CINE DE CILLEROS . 2020 .https://educortos.blogspot.com/2019/12/intolerancia.html

 

Nunha primeira fase empezamos coa creación do noso logo, buscamos un nome e unha imaxe que nos identificara e decidimos chamarlle á nosa produtora OSOliño Films,  creamos  unha canle You tube  e vímeo .

alumnado aprendeu a realizar un guión cinematográfico, a estudar a linguaxe audiovisual, a coñecer os seus códigos, a planificar mediante un storyboard.  O final do primeiro trimestre xa tiñamos elaborados os nosos guións , doce guións elexidos polo alumnado en cada grupo  de 1º BACH A e B,  escolleron  os guións do mesmo xeito que tamén decidiron o logo da súa produtora . Para escollelos cada alumno e alumna defendeu as súas propostas cunha sesión de “ pitching” (técnica utilizada polas produtoras audiovisuais) na que todos avalían, deciden, comunican, propoñen cambios, é dicir, unha autoevaluación positiva e activa.

https://somoscinenomorrazo.blogspot.com/search/label/OSOliño%20Films

O

Habemus logo para la productora #OSOliño

 

O paso seguinte foi formar equipos de rodaxe e asumir papéis dentro de cada equipo .

 

A nova realidade chega, e pon freo a este proxecto no medio da rodaxe , algúns grupos xa tiñan  terminado a súa primeira escena.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En canto aos medios para a producción , destacar que a pesar de ter un bo número de  alumnos e alumnas en Cultura Audiovisual no noso centro os recursos materiais son moi escasos para unha asignatura como Cultura Audiovisual con catro horas presenciais  por semana e catro grupos de 1º BACH e 2º BACH  .

Esta  precariedade para dar unha materia que ten práctica audiovisual, manexo de software e fotografía,  é un dos motivos que nos fai participar nos Contrato - Programa da Xunta. Grazas a isto contamos con cinco ou seis micros  para  ter un mínimo de son limpo .

 

Pero a pandemia tamén cambia isto e non para mellor , moitos dos  alumnos ou alumnas só teñen un computador por familia, ou non o teñen, ademais non todos contan cunha boa conexión wifi.

O que si ten  todo o alumnado  é móbil , este recurso tan pouco estimado e mesmo demonizado na

educación serviunos: para editar , gravar, crear foleys, editar o audio, pero sobre todo para comunicarnos e seguir en contacto por WhatsApp, creando grupos por aula, e por proxectos en conxunto entre alumnos e alumnas ou entre profesorado e alumn@s.  Traballando , animándo e colaborando en videocreaciones ou videoclips .

Co confinamento , cambiamos o tema que nos motivaba no noso inicio,  dadas as dificultades para continuar co noso plan de rodaxe, o traballo en grupo acabábase co coronavirus .

O alumnado empeza a rodar na casa, sós e soas , coa colaboración das familias  ás que hai que agradecer a participación,  e o gran esforzo que supuxo continuar traballando, moitas veces con grandes dificultades.

Ver Ligazón

O noso novo obxectivo para este FESTIVAL ONLINE é comunicar  unha idea ou pensamento, traballando unha nova  

 realidade nos temas dos guións, mais cercana ao momento que nos toca vivir, fusionando audiovisual e vida.  Podemos atoparnos  desde películas de terror como as de Iciar ou  Lúa, vídeos de ánimo e resistencia  ou unha marabillosa videocreación de Noel Álvarez realizada en colaboración coa súa familia e a Murga As Faltriqueiras para celebrar o fin do confinamento.

Mención e  agradecemente especial ao meu  compañeiro e

artista Xulio Abal pola súa permanente dispoñibilidade, e as súas horas de traballo detrás de varias das produccións colgadas nesta WEB.

Captura de pantalla 2020-06-18 a las 21.
Captura de pantalla 2020-06-18 a las 21.

O alumno Noel Alvarez autor da música da INTRO de OSOliño FILMS

O alumnado crea os seus titoriais, (traballo de Lucas)

Sobre o recurso do móbil , aquí podedes ver un artigo  de Selina Otero feito en pleno confinamento onde se fai mención a este traballo. https://www.faroeduca.es/actualidad/mobil-covid.html

.

 

O alumno ou alumna é o  único protagonista da súa propia aprendizaxe, equivócase e aprende dos seus erros, convertese en produtor de ARTE , a súa creatividade é  o noso OBXECTIVO , necesitamos xente máis creativa neste mundo que nunca deixa de sorprendernos e que está en  permanente cambio.  Neste marco creamos para buscar a beleza , unímonos baixo a forza creadora para traballar nun proxecto  conxunto e común,  cremos firmemente que é necesario coidar dos ensinos artísticos, xa que é a mellor maneira de fórmanos como seres humanos empáticos, comunicativos, con valores morais, críticos  e comprometidos coa sociedade e o mundo no que nos toca vivir .

 

O que vedes nesta web é unha selección de traballos realizados en corentena ,  non só creamos curtas , videoclips , videocreaciones, titoriais de cociña e manualidades para os máis pequenos da casa en OSOLIÑO TV , videopoemas, tamén traballamos colaborativamente  cos departamento de lingua e música e con  diferentes técnicas de creación, desde  animación  stop motion a  animación 2d, foron máis de 50 vídeos os subidos á canle  OSOliño Films, e a día de hoxe aínda quedan máis por subir , esperamos que esta selección de traballos sexan do voso agrado.

Profesora coordinadora : Luz Beloso

IES MARÍA SOLIÑO

Cangas del Morrazo

bottom of page