top of page

V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS


As curtas presentadas este ano son 8: - Ao final da botella: Dirixido por Roi ,alumno de Bacharelato, partindo dun guión de Rosa Mª Diaz Beloso( enfermeira da unidade de agudos no Meixoeiro), un proxecto que nace da curta "Maldito espello" onde a saúde e a educación se unen para traballar xuntas. - "O fantasma do maltrato": Curto realizado polos alumn@s de 3o ESO, dentro do proxecto "EDUCABARRIÉ", " Un artista na escola”.

Simón Vazquez (PREMIO MESTRE MATEO)artista co que traballamos neste proxecto, nos guía na aventura de rodar unha curta en apenas unha hora.

- "O tarro": Un remake dun dos primeiros traballos de Tim Burton, presentado por Hitchcock, un relato sobre o complicado mundo do mercado da ARTE.

- "A muller lamprea V": Un novo capítulo da serie comezada hai cinco anos coa compañeira Iria Collazo, que promete revolucionar as conciencias e cambiar o "ciclo da vida, un auténticoremuíño violeta.

- "A muller que amaba ás árbores": Unha historia sobre a arte e a muller dirixida por Xavier, un traballo que conta coa colaboración e o noso agradecemento de "CREATIVO RIALDARCA"

-"Xiana e a Ra": Un conto diferente sobre ras, príncipes e finais felices.

- "De que cor é o bulling": Unha curta necesaria onde os meus alumno@s reflicten un problema por desgracia de actualidade.

-"Forest":Un relato que nace nunha clase de lingua do ano pasado materialízase neste curso da man dos alumnos de 4ª ESO D

Featured Posts
Recent Posts
bottom of page