Esta experiencia educativa remata cun Festival audiovisual , que eles presentan e onde expoñen os seus traballos, o noso alumnado é produtor de ARTE.
O festival audiovisual é un evento que conta coa proxección dos 13 traballos realizados durante o curso.
Este ano o proxecto enfócase nos superheroes e nas superheroínas.
Pero, por que o tema dos superheroes? Quen son para nós os superheroes?
Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo.
"Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas"
Os nosos superheroes son persoas que afrontan grandes dificultades, e estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles, tratando temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, a diabete ou os malos tratos .
No proxecto colaboraron profesores , profesoras , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández e a enfermeira especialista en saúde mental Rosa Diaz Beloso.
PROXECTO
Experiencia educativa na que o alumnado utiliza os recursos da linguaxe cinematográfica en Educación Plástica e Visual, posibilitando así que abran vías de experimentación , buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías .
Colaborando como sempre con outros departamentos,desde unha didáctica interdisciplinar, transversal e fomentando a educación en valores.
O alumnado aprende a realizar un guión cinematográfico, estuda a linguaxe audiovisual, coñece os seus códigos, planifica (story board), ten que rodar, actuar, editar e realizar animacións.
Con todos estes coñecementos serán capaces de expresarse, de plasmar aquilo que senten ou queiran transmitir sen ningún impedimento.
Traballando por grupos , asumiron o papel de director, cámaras, editaron o son, foron actores, maquillaron, buscaron o vestiario e os escenarios, eles son os protagonistas en todas e cada unha das fases do proxecto, na preprodución, produción e postprodución.
Trátase de que o alumnado se poida equivocar , que aprendan do erro , queremos que se expresen con liberdade, sen medos, que gañen confianza en si mesmos, que sexan creativos .
É un proxecto educativo no que todo o alumnado asume
responsabilidades, todos teñen un papel dentro do plan da rodaxe, son como o mecanismo interior dun reloxo mecánico, se unha peza falla, o reloxo detense.
Estando en proceso de auto avaliación constante , puxemos en común cada unha das curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo e volvendo a repetir se era necesario escenas , todos opinamos e valoramos, alumnado e profesora, asumindo sempre o papel de guía en todo este proceso , dando información , aconsellando ou facilitando recursos .
.
Profesora coordinadora : Luz Beloso
Educación Plástica Visual e Audiovisual
IES as Barxas
Moaña